miércoles, 13 de julio de 2016

Agustín Fernández Paz, un último adeus

Onte foise un dos grandes. Un home que revolucionou a literatura, demostrando que un libro en galego se le. Un abanderado de Galicia, que levou a nosa lingua ó máis alto da literatura universal. E non esaxeramos, porque, por desgraza, estamos falando de Agustín Fernández Paz.
Hai só uns días recibiamos a noticia de que a súa obra máis universal, Cartas de Inverno, ía ser reeditada en breve. Edición especial que el, tristemente, non chegou a ver.
Nestes momentos é imposible non lembrarse da súa última obra. A Neve Interminable. Interminable, coma eterna será a súa lembranza.
Agustín Fernández Paz non será un escritor fácil de olvidar. Xenio creador de mundos, cun estilo inconfundible que agora non podemos deixar de lembrar... O que se foi  perdeuse, non volverá, pero a mellor homenaxe que lle podemos facer é, sen ningunha dúbida, ler. Ler os seus libros coma se fora a primeira vez. As palabras son o seu legado neste mundo, e, mentres alguén disfrute delas, el nunca se irá completamente.
Descansa en paz, Agustín Fernández Paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario